Español / Galego

Que é a rede SEMUR?


A rede de Seguimento de Morcegos URbáns (SEMUR) é unha rede de seguimento posta en marcha no 2019 polo Grupo GEAS e a asocaicón Meles, destinada á monitorización das comunidades urbáns de quirópteros a través da ciencia cidadá.

O obxectivo desta rede é establecer unha metodoloxía estandarizada de seguimento de morcegos en medios urbanos a través de o voluntariado e a ciencia cidadá, e mediante o uso das novas tecnoloxías e de sistemas automatizados de toma de datos. O obxectivo final é coñecer as comunidades de  quirópteros presentes nun marco urbano e a súa relación coa contorna urbana (espcialemente zonas verdes). Este coñecemento permitiranos, a través do seguimento a longo prazo, comprender as variacións nestas comunidades e detectar os efectos dos cambios medioambientais nas súas poboacións.

Este proxecto iniciouse en 2019 nas localidades de Santiago de Compostela (A Coruña, Galicia) e  Alhama de Murcia (Región de Murcia).

Para alcanzar estes obxectivos, calquera asociación, colectivo ou grupo de persoas interesadas pode participar nas estacións da rede SEMUR existentes, ou poñer en marcha unha estación de seguimento na súa cidade.

Se queres colaborar podes escribir un mail ao correo redsemur@grupogeas.org ou contactar a través desta web.

 

  Logotipo GEAS.png asoc-meles.png

Como funciona esta rede?

Ciencia cidadá

Puzzle.png

O termo ciencia cidadá enténdese como aquela investigación científica levada a cabo por unha suma de colaboradores, na súa totalidade ou en parte por científicos e profesionais xunto a xente común. !Necesitamos da vosa colaboración para a recopilación sistemática de datos!

Novas tecnoloxías

Robot.pngPara a posta en marcha deste proxecto contamos con detectores de ultrasóns AudioMoth, un rexistrador acústico de baixo custo de espectro completo. Do mesmo xeito que as avelaíñas, de aí o seu nome, este dispositivo pode "escoitar" tanto as frecuencias audibles como as ultrasónicas e gravalas nunha tarxeta microSD para a súa posterior análise.

Protocolo

Rueda.png

Se queres participar nalgunha das nosas redes só tes que poñer á nosa disposición unha xanela ou un pequeno espazo no teu balcón para instalar un destes dispositivos durante dúas noites consecutivas. Podes ver en detalle o protocolo nesta ligazón.

Contacto

Pregunta de seguridade

Outras redes

Logo REGAM II.png

Coa colaboración de

DepCor_cor_horiz.png