Español / Galego
Open Acoustic Devices
Open Acoustic Devices é un pequeno grupo de investigación con sede no Reino Unido formado a partir dunha colaboración entre a Universidade de Southampton e a Universidade de Oxford. Deseñan, apoian e implementan hardware e software acústicos de código aberto para a súa comunidade de usuarios, así como os seus propios proxectos de seguimento ambiental e de fauna silvestre.
AudioMoth é a súa principal contribución de investigación. Este dispositivo utilizouse en múltiples aplicacións, incluída a automatización da procura dunha especie de insecto de difícil detección, o control da caza furtiva por detección de disparos e a detección de chamadas ultrasónicas de morcegos.
O seu obxectivo é mellorar a accesibilidade e a usabilidade da tecnoloxía acústica para a conservación aplicando o concepto de open- science.
AudioMoth
AudioMoth é un rexistrador acústico de baixo custo de espectro completo, baseado na gama de procesadores Gecko de Silicon Labs. Do mesmo xeito que as avelaíñas, de aí o seu nome, este dispositivo pode "escoitar" tanto as frecuencias audibles como as ultrasónicas e gravalas nunha tarxeta microSD a velocidades de 8,000 a 384,000 mostras por segundo para a súa posterior análise.
Características:
- Procesador EFM32 Gecko
- Capaz de gravar a frecuencias de mostreo de hata 384 kHz
- Grava arquivos WAV sen comprimir na tarxeta microSD
- Alimentado por 3 x pilas AA
- Micrófono analóxico MEMS
- Preamplificador analóxico con ganancia axustable
- Mide soamente 58 x 48 x 15 mm
- Interface USB configurable
- Reloxo de tempo real en UTC
Para protexer o dispositivo da intemperie empregamos unha caixa estanca de electricidade, adaptada para as nosas necesidades. Esta ten unha superficie de 85x85x45 mm con tapa a presión e conta con protección IP55 e un rango de temperatura de utilización de -25ºC a +60ºC.